En Todas as Mans é un proxecto audiovisual sobre os montes veciñais en mancomún que promove a cooperativa de traballo Trespés .

O documental pretende amosar o mundo do mancomún, unha realidade próxima escasamente coñecida e pouco valorada pola sociedade galega, ao tempo queren sinalar as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo.

Están ultimando a selección de historias que se incluirán no documental, e cos fondos acadados ata o momento, están en disposición de gravar a primeira parte do audiovisual. Aínda así faise necesario cubrir outros gastos como a pos-producción e a difusión do documental.

Se cres que “En todas as mans” é un proxecto que paga a pena, que é un proxecto necesario, podes sumarte as persoas e entidades que teñen contribuído a que sexa unha realidade.  Se tes interese en colaborar con este proxecto documental, Trespés ofréceche a posibilidade de facer unha doazón mediante transferencia bancaria á conta da produtora Trespés.

Vídeo (Teaser), preme aquí

Para saber máis sobre o proxecto “En todas as mans”, preme aquí

Queres colaborar ?, preme aquí

https://www.facebook.com/entodasasmans