A cooperativa Ribeiras do Navia recibiu un dos Premios OSÍXENO 2016 de ADEGA . Na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza convocaron a 16ª edición dos “Premios Osíxeno e Dioxina ás mellores e peores actuacións medioambientais 2016” e concedéronlle á marca Ribeiregas desta cooperativa o recoñecemento na categoría colectivo polas mellores actitudes e actuacións ambientais do ano.
En Ribeiras do Navia elaboran produtos de alimantación natural e saudables, como salsas, encurtidos, escabechados, patés, ou marmeladas no concello de Negueira de Muñiz onde están ubicadas.
Segundo o comunicado da Asociación :
Premio OSÍXENO 2016, categoría colectivo: Para as mulleres de Ribeiregas, marca da cooperativa Ribeiras do Navia (Negueira de Muñiz) por ir moito máis aló da produción ecolóxica de alimentos e contribuir co seu proxecto á revitalización das aldeas e a fixar poboación no rural galego.
Os premios entregáronse no decurso dun xantar de confraternización que tivo lugar o sábado 28 de xaneiro en Coruña.
Parabéns Ribeiregas!