Programa ACCEDE-Xa | Facilita aos proxectos de economía social o establecemento no Centro de Empresas Papagaio

/, Emprendemento cooperativo/Programa ACCEDE-Xa | Facilita aos proxectos de economía social o establecemento no Centro de Empresas Papagaio

A Concellería de Empresa e Economía Social do Concello da Coruña coa finalidade de facilitar a consolidación de proxectos que precisen pasar por unha fase de preincubación, aprobou o PROGRAMA ACCEDE-XA, facilitándolles ás persoas emprendedoras cun proxecto empresarial o establecemento durante un período non superior a seis meses de forma gratuíta no Centro de Empresas ACCEDE Papagaio, ademais de recibir apoio e seguimento por parte do persoal técnico especialista na materia.

As persoas beneficiarias que desexen acollerse a este proxecto deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases que regulan o proceso de admisión ao centro publicado no BOP do 6 de agosto de 2016 aquí, ao mesmo tempo que as que regulan este programa.

O programa ACCEDE-XA desenvólvese en dúas liñas de actuación, unha primeira liña de apoio á formación e o asesoramento das persoas emprendedoras, e a segunda liña de apoio que persegue o fomento das entidades de economía social.

Para máis información chamar ao 981184 399, ou concejalia.empresa@coruna.es

2017-02-07T19:48:13+00:00 1/02/2017|Convocatorias, Emprendemento cooperativo|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies