O sábado 4 de xullo celébrase o día do cooperativismo 2015 baixo o lema escollido pola Alianza Cooperativa Internacional para este ano “elixe cooperativismo: elixe equidade”.

“Acadar o maior grao de benestar posible para as persoas é un dos principais obxectivos da humanidade e, para conseguilo, promovemos o crecemento económico que nos permita desenvolver as nosas comunidades … “ (Presentación Día do Cooperativismo 2015, web).

O Consello Galego de Cooperativas anímovos a participar nos actos do día do cooperativismo galego, que terán lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

Fai clic: Web Día do Cooperativismo 2015 (nela podes facer a inscrición)

 

PROGRAMA DO DÍA DO COOPERATIVISMO 2015

SÁBADO, 4 DE XULLO

11.30h Recepción dos asistentes
12.00 h. Entrega dos Premios á Cooperación
12.30 h. Entrega do Premio do Concurso de Iniciativas Cooperativas
12.40 h. Actuación
13.00 h. Entrega dos Premios do Certame “Cooperativismo no Ensino”
13.45 h. Visita á exposición de traballos escolares
14.00 h. Presentación e degustación de produtos cooperativos
15.30 h. Xogos cooperativos e visita á exposición “Camiño, a orixe”
17.30 h. Remate dos actos

Esta é a proposta dos Premios á Cooperación 2015:

1. Premio aos valores cooperativos
Entidade: Zocamiñoca, S. Coop. Galega (A Coruña)

2. Premio ao mellor proxecto cooperativo
Entidade: Numax, S. Coop. Galega (Santiago de Compostela)

3. Premio á promocion do cooperativismo
Entidade: Amarelante, S. Coop. Galega (Manzaneda)

Esta é a proposta do Premio á Mellor Iniciativa Cooperativa 2015 :

Entidade: Delagro, S. Coop. Galega (Santiago de Compostela)

Parabéns a todas, e en especial a Númax, cooperativa asociada a Ugacota, que ven de poñer en marcha un cine, unha libraría e un laboratorio gráfico e audiovisual en Santiago de Compostela.

Ugacota, a través das súas representantes, e xunto a outras no Cogaco, ten participado como xurado nos  Premios do Certame do Cooperativismo no Ensino.