As Cámaras de Comercio de Galicia celebran :

o Foro da Innovación InnoCámaras 19 de Xuño de 2015  ás 9:30 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os Foros InnoCámaras, están dirixidos a Pemes que queiran mellorar a súa competitividade a través da incorporación da innovación nos seus procesos produtivos. Igualmente, o Foro da Innovación é punto de encontro para o intercambio de experiencias e difusión de mellores prácticas na área da Innovación.

Ademais dos Foros da Innovación, InnoCámaras posibilita a realización de diagnoses individualizadas ás empresas que o soliciten, co fin de detectar as súas necesidades en materia de innovación. Da mesma forma, nunha fase posterior, InnoCámaras ofrece apoio económico para levar a cabo os plans de innovación necesarios que garanticen a rentabilidade e competitividade das empresas participantes. Igualmente, a metodoloxía de InnoCámaras fomenta a creación de redes empresariais que axudan a difundir as boas prácticas en materia de Innovación.

Carta de invitación

– Convocatoria de prensa

Máis información:

http://www.camara.es/es/foro-innocamaras-pontevedra