Novas cooperativas socias!



Presentamos ás 10 últimas cooperativas asociadas a EspazoCoop, deixamos a súa referencia para coñecelas e que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo ou comercio cooperativo, intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para facer redes no sector cooperativo.

 

 

MAGA DE VOZ


Maga de Voz | Ensino musical, terapias artísticas e artes escénicas.

A Guarda (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Redes sociais : neste enlace


RECREO MARKETING 


Recreo Marketing | Marketing, publicidade, eventos, e formación.

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: neste enlace


MICELIO TERAPIAS Ó NATURAL 


Micelio realizan terapia ocupacional, logopedia, atención temperá, terapia grupal e ás familias.

Mondariz (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado.


CLAXES 


Claxes | Casas do maior de Laxe e Camariñas.

Laxe (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado.


3 C MAIORES 


3 C Maiores | Casas do maior de Mazaricos e Cee.

Laxe (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado.


MONTE BRANCO


Monte Branco | Casa do maior de Ponteceso.

Laxe (A Coruña) | Cooperativa de traballo asociado.


A MORADA NOSA


A Morada Nosa | Ofrecen ás mulleres un espazo de encontro, un lugar de lecer, asesoramento e formación, conectado coa comunidade e onde os coidados estean no centro.  Actividades formativas, obradoiros, grupos de mulleres, almorzos e menús saudables, ou asesoramento.

Vigo (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.amoradacooperativa.com 


DONDE VIVEN LOS CUENTOS


Donde Viven los Cuentos | Actividades e talleres de educación en valores, e actividades de entretemento infantil.

Nigrán (Pontevedra) | Cooperativa de traballo asociado | Web: www.dondevivenloscuentos.es


ICEBERG 360 MARKETING DIGITAL


Iceberg 360 Marketing Digital | Marketing Dixital. Deseño web, campañas publicitarias, e asesoramento estratéxico.

As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) | Cooperativas Xuvenil | Web: www.iceberg360.es


CRU PRODUCIÓNS


Cru Producións | Produción cinematográfica e vídeo.

Nigrán (Pontevedra) | Cooperativa traballo asociado | Web: https://cruprod.com


 

Grazas a sumarte somos a maior rede de cooperativas en Galicia, fai click #SumaCoops

Que podemos facer por ti?, fai click Asóciate!