Presentanción en Galicia do proxecto “GuardaBosques”. Reimaxinar o Rural Galego

 

O próximo 22 de abril de 2026, ás 19:00h en casa RIA (Santiago de Compostela) terá lugar a primeira presentación pública en Galicia de Gardabosques, un proxecto que nace para abrir unha conversación profunda sobre o futuro do territorio e sobre como queremos habitalo. No encontro intervirá Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, para achegar a visión do cooperativismo, e trasladamos o convite da organización ás cooperativas socias para que asistan á cita.

 

Nun momento no que o rural e a España baleirada aparece demasiadas veces reducido a unha postal turística ou a reserva de recursos, Gardabosques expón unha posibilidade que parte do arraigamento, a cooperación, a custodia do territorio, a memoria e a economía social e solidaria como bases para construír futuro. Porque reimaginar o rural galego non é só unha cuestión cultural ou económica, é tamén unha cuestión profundamente política, que ten que ver con quen decide sobre o territorio, como se organiza a vida nel e que modelos de desenvolvemento queremos soster.

Gardabosques quere situar precisamente ese debate e poñer en diálogo distintas miradas que comparten unha mesma intuición: o futuro do rural pasa por volver habitalo desde a comunidade e desde a cooperación.

Como será o encontro?

O encontro exponse como un espazo de escoita e diálogo no que se compartirán as claves do proxecto e, sobre todo, poñerase o foco no territorio e nas persoas que o habitan e sosteñen.

Presentarase Gardabosques como unha proposta que articula natureza, memoria, cultura e economía social e solidaria, entendendo o territorio como un ben común. Un proxecto que non chega para impoñer modelos externos, senón para inserirse, escoitar e cooperar coas dinámicas existentes, contribuíndo a fortalecelas.

Inscríbete no formulario e reserva a túa praza para o evento.

Territorio, ruralidad, alianzas e cooperativismo galego

Un dos momentos centrais do encontro estará dedicado ás alianzas que fan posible que o territorio siga vivo. Neste diálogo participarán Severino Rodríguez, presidente da Asociación de Empresas da Ribeira Sacra; Luis Guitián, alcalde de Sober; Chelo Fernández, antiga propietaria de Donelle; Paula Vérao, vicepresidenta da Asociación Cultural O Colado do Vento; e Ana Olveira, presidenta de EspazoCoop.

As súas voces permitirán situar Gardabosques dentro dun ecosistema real de territorio, onde se entrecruzan a actividade económica local, as institucións públicas, a memoria dos lugares e o tecido cultural comunitario. Este diálogo pon sobre a mesa unha idea sinxela pero decisiva, que o o futuro do rural só pode construírse desde a cooperación entre quen xa habitan, traballan e sosteñen o territorio. Nese sentido, o cooperativismo aparece non só como unha forma de organización económica, senón como unha ferramenta política para reconstruír comunidade, abrir oportunidades e devolver vida aos lugares.

O encontro continuará cun ambiente máis próximo e distendido, onde poderemos seguir conversando e tecendo vínculos ao redor dun pequeno cátering, entendendo que a gastronomía é unha parte fundamental do encontro, onde a comunidade se recoñece, comparte e constrúe.

Máis información: Guardabosques: reimaginar el rural gallego – Ecooo