Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convócanse os Premios á Cooperación 2019.

Finalidade: Fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que os/as cooperativistas  veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma Galega.

Poderán optar a estes premios: As cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo na Comunidade Autónoma galega.

Modalidades:

PREMIO AOS VALORES COOPERATIVOS 

á cooperativa galega que máis destacase no impulso do valores cooperativos, dotado con 5.000 €

PREMIO AO MELLOR PROXECTO COOPERATIVO NOVO 

cooperativa con antigüedade igual ou menor a 42 meses, dotado con 5.000 €

PREMIO Á TRAXECTORIA COOPERATIVA 

cooperativa con antigüedade maior a 42 meses, dotado con 5.000 €

Prazo:  a presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2019

Descarga as bases Premios á Cooperación 2019 – Extracto

Descarga o cartel dos Premios aquí

No DOG nº 28 de 8 de febreiro de 2019, publícase a Orde do 20 de decembro de 2018 que establece as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2019.