Oferta de emprego de O Cable Inglés



O Cable Inglés cooperativa cultural, lanza unha oferta de emprego para cubrir un posto de traballo na área da Comunicación Dixital.

Que ofrecen? Traballo no eido da comunicación dixital ligado a proxectos culturais de diversos ámbitos, nun ambiente estimulante, creativo e flexible e cun equipo profesional de perfís diversos e especializados en diferentes campos do sector cultural.

Buscan unha persoa con estudos superiores en comunicación e con diversas competencias para o medio dixital.

Se te interesa, coñece o perfil necesario para optar a este posto, o que ofertan, as funcións a realizar e onde enviar o currículo, facendo clic neste enlace.

Prazo: 26 de abril 2021.