Novas cooperativas socias 



Presentamos novas socias de EspazoCoop de recente incorporación. Deixámosvos a súa referencia para coñecelas un pouco, que podan ser tidas en conta á hora de practicar un consumo cooperativo, para intercooperar, como aliadas á hora de realizar traballos en común, ou para outras relacións profesionais.

 

 

CERNE | Asesoría de empresas.

A cooperativa ofrece servizo fiscal, laboral e contable a empresas.

Son unha cooperativa de traballo ubicada en Tomiño (Pontevedra) na rúa Gondomar 42 – 1º, telf. 986 622 146 – email: susana@cerneasesores.es


COMUNIDADE CREATIVA | Actividades para a cohesión social e defensa da comunidade creativa cultural galega.

COMUNIDADE CREATIVA realizan:
– Xestión e programación de iniciativas culturais, formación, eventos, pop ups, feiras, mercados, e outras.
– Comercialización e exposición de produtos e servizos de marcas creativas e culturais galegas.
– Actividades de difusión e fomento da arte, a artesanía, a cultura, a tradición e o
patrimonio do Pobo Galego.
– Intermediación en negociación colectiva e convenios con provedores e colaboradores.

Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade de Santiago de Compostela.

Facebook InstagramYouTube
Web: https://creativasgalegas.com


ENTRE ESPIGAS | Panadaría e pastalaría.

ENTRE ESPIGAS adícanse á fabricación e venda de produtos de panadaría (pan, bolería, pastelaría, empanadas) e outros produtos.

Son unha cooperativa de traballo ubicada na cidade da Coruña, na rúa Panaderas 20, 3º A, telf. 639 685 527 email: entrespigas2021@gmail.com


CLOROFILA | Pastelaría, formación e artesanía.

CLOROFILA realizan:
– Alta pastelaría artesá, ecolóxica e vegana, como actividade principal.
– Xestión, organización e impartición de cursos de pastelaría e cociña.
– Artesanía realizada con materiais reciclados: bolsos, cintos, etc.
– Actividades de educación ambiental, xornadas, cursos, ou talleres.

Trátase dunha cooperativa de traballo de Betanzos (A Coruña), na rúa Braxe 9, San Martiño de Tiobre, telf. 699 399 332, email: clorofilacooperativa@gmail.com


HEMP GALIZA | Cultivo de cáñamo industrial e venda de derivados.

HEMP GALIZA realizan cultivo de cáñamo industrial, contan con Tenda minorista e venda Online de derivados do cáñamo.
Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade de Lugo.

Web: https://www.ocbd.es


NOSO | Estratexias e proxectos culturais de carácter innovador para o desenvolvemento local e a dinamizaicón do territorio.

NOSO realizan proxectos culturais innovadores con vocación territorial, orientados ao desenvolvemento local a través dos seus propios recursos. O fan cunha mirada construída dende a intersección do audiovisual, as ciencias sociais e a arquitectura.
Os seus campos de actividade son:
1) Proxectos audiovisuais e promoción territorial e turística.
2) Xestión do patrimonio cultural e desenvolvemento local.
3) Servizo técnicos de arquitectura e urbanismo.

Trátase dunha cooperativa de traballo da cidade de Vigo.

Web: http://www.nosocoop.com

Instagram  FacebookLinkedin Twitter


VACALOURAS | Comercio no Mercado de Pontedeume, e outras actividades artísticas.

VACALOURAS adícanse ao comercio polo miúdo de alimentación, cosmética, produto local e bazar no Mercado de Pontedeume, e tamén online. Ademais de realizan servizos de tipo artístico como audiovisuais, deseño gráfico ou ilustración.

Trátase dunha cooperativa de traballo de Pontedeume (A Coruña), telf. 649 157 674 – 686 671 784, email: somosvacalouras@gmail.com


Fai clic : Grazas a sumarte somos a maior rede de cooperativas en Galicia CAMPAÑA #SUMACOOPS 

Fai clic:  Que podemos facer por ti? ASÓCIATE!