[Oferta de contratación]

Servizo de comunicación do proxecto EspazoCoop Emprende

 

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 21 de febreiro de 2024 ás 14 horas.

Obxeto do contrato:

A contratación dun servizo de realización, desenvolvemento e avaliación dunha campaña de comunicación para o proxecto “ESPAZOCOOP EMPRENDE. Servizo de dinamización, apoio e acompañamento para emprender en cooperativa”

Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Previsto ata o 30 de agosto de 2029.
Orzamento: Importe máximo ata finais 2026: 37.520 €. Importe máximo ata 31 de agosto de 2029: 70.250 €.

Presentación de ofertas: A través do correo lucia@espazo.coop, con aviso de recibo.
Data límite de presentación de ofertas: Ata o 21 de febreiro de 2024 ás 14 horas.
Descarga a oferta de contratación: neste enlace