Programa Consolida +
Consolidando ás Cooperativas

 

 

 

O Programa Consolida+ Consolidando ás Cooperativas da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da programación 2023-2024 da Rede Eusumo, ten por finalidade asesorar en procesos de consolidación e mellora de cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, e conta cun fondo de 720 horas ata setembro de 2024.

Dende outubro de 2023 véñense beneficiando distintas socias en ámbitos e temáticas que necesitan abordar, o asesoramento prestado pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha-s área-s da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas de mellora.

Consolida+ busca manter e incrementar o emprego cooperativo, mellorar as condicións de traballo e garantir a viabilidade e o crecemento das cooperativas usuarias mediante o acompañamento personalizado. Como obxectivos márcase:

  • Dar soporte e apoio ás socias para a consolidación.
  • Acompañar ás socias, órganos directivos e consellos reitores para asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.
  • Impulsar o encontro e as relacións entre cooperativas.

Neste contexto, está previsto realizar 2 Encontros Temáticos, dentro de Consolida+, os días 20 e 24 de febreiro, xa que a experiencia nos procesos de acompañamento técnico precisa complementarse con intercambios entre cooperativas e outras persoas profesionais, para tratar asuntos de interese común e nos que compartir coñecemento, información, recursos e experiencia.

Ademais, as usuarias do Programa Consolida+ terán á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase do curso en liña “Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa” (36 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

O Programa completarase coa elaboración de 3 vídeos que mostrarán casos exitosos, para reforzar o coñecemento de boas prácticas e visibilizar os procesos de mellora das cooperativas através de programas a medida como Consolida+. Por último realizarase unha Xornada de Resultados antes de que finalice o período dos servizos en setembro de 2024, servirá para compartir os resultados coas usuarias dos acompañamentos, así como con outras destinatarias e interesadas, para intercambiar impresións, experiencias e facer rede.

 


CURSO EN LIÑA, “FERRAMENTAS BÁSICAS DE XESTIÓN COOPERATIVA” | 36 h.

As usuarias do Programa Consolida+ teñen á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase deste curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (36 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

O curso desenvólvese na modalidade de teleformación. As persoas interesadas inscribiranse a través deste formulario. Unha vez reciban as claves de acceso, poderán entrar no curso onde terán ao seu dispor os materiais teóricos e ferramentas complementarias. O curso estará aberto na plataforma mentres estea activo o programa ( setembro 2024) , promovendo así a flexibilidade e a posibilidade de que cada quen organice o seu tempo de estudio. É un curso practicamente autodidacta ó 100%, pero que as usuarias sempre terán a súa disposición as persoas técnicas de EspazoCoop, para o seu desenvolvemento e implementación das ferramentas que se propoñen.

Se es unha cooperativa interesada , aínda que non esteas actualmente participando dentro do Programa Consolida+ , podes inscribirte igualmente e a Unión contactará contigo.


ENCONTRO, AXUDAS A COOPERATIVAS 2024 | Martes 20 de febreiro 2024

Neste encontro trataranse as liñas de axudas do Programa APROL Economía Social, o Bono Consolida Economía Social, e as subvencións de Apoio a Iniciativas de Emprendemento, das convocatorias de 2024. Para informar e aclarar as dúbidas sobre estas axudas contarase coa participación de:

  – A Subdirectora Xeral de Economía Social, Farrah Lisa Meghazi, para informar das convocatorias Bono Consolida e Aprol, 2024.

– A Subdirectora Xeral de Emprendemento, Panchi García Cao, para informar da convocatoria de subvencións Apoio a Iniciativas de Emprendemento, 2024.

Horario: De 9 a 11.30 horas.

Lugar: Encontro en liña, a través de Zoom.

Inscrición ao Encontro: Inscrición


 

ENCONTRO, SECTORIAL DE ENSINO | Sábado 24 de febreiro 2024

Colexio Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar (Ourense)

Para este encontro coas cooperativas de ensino da Unión está previsto plantexar temas do seu interese e compartir cal e a situación actual do ensino concertado en Galicia e as perspectivas para os vindeiros meses (renovación de concertos, aprobación da xubilación parcial anticipada, comedores escolares, baixada da ratio alumno/aula, gratuidade de actividades extraescolares, liñas de axudas economía social, ou os cambios lexislativos en materia cooperativa), de cara a que os centros cooperativos de ensino teñan unhas liñas directrices á hora de traballar na súa organización interna.

Ademais, presentarase unha proposta de campaña conxunta para o período de matriculación 2024-2025, a través de redes sociais, empregando a condición de entidades de economía social como elemento diferenciador e de valor fronte ao resto propostas no eido do ensino concertado.

O encontro servirá tamén como espazo de promoción de accións de cooperación entre as cooperativas participantes e finalizará coa visita ás instalacións do anfitrión do evento, o Colexio Guillelme Brown.

Horario: De 10 a 14 horas.

Lugar: Colexio Guillelme Brown. A Merteira, 137 – Castadón, Pereiro de Aguiar (Ourense).

Inscrición ao Encontro: Inscrición


MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO PARA COOPERATIVAS INTERESADAS EN SOLICITAR CONSOLIDA+ :

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop – info@espazo.coop – 981 57 55 78

www.espazo.coop


ESTA INICIATIVA, CONSOLIDA+, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NO PROGRAMA:

Programa 2023-2024 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.