[Oferta de contratación]

Servizo de comunicación externa para a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación durante este ano. Agardamos que sexa de interese para as cooperativas socias que realizan estes servizos e actividades, que poderán candidatarse e presentar unha proposta ata o 25 de marzo de 2022 ás 14 horas.

Obxeto do contrato: O obxeto fundamental é a contratación dun Servizo de Gabinete de Comunicación Externa da actividade da Área Institucional da Unión de Cooperativas EspazoCoop. Excepcionalmente, podería ter que dar apoio á área de comunicación xeral da entidade.

Procedemento: Procedemento aberto de adxudicación ás cooperativas socias da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 31 de decembro de 2022.
Presentación de ofertas: A través do correo info@espazo.coop, con aviso de recibo.
Orzamento: 7.000 euros (ive non incluído)
Data límite de presentación de ofertas: Até o 25 de Marzo de 2022 ás 14 horas.
Descarga as condicións da oferta de contratación: Condicións contratación – Servizo comunicación