[Oferta de contratación]
Servizo de edición de material audiovisual para a celebración do aniversario da Unión de Cooperativas EspazoCoop
EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun Servizo de edición de material audiovisual para a celebración do aniversario da Unión de Cooperativas EspazoCoop. A recepción na Unión de Cooperativas de candidaturas e propostas estará aberto ata o 29 de xuño de 2026 ás 12 horas.
Obxecto do contrato: Convócase un concurso público para a contratación dun servizo para a edición de material audiovisual para o 10º aniversario da Unión de Cooperativas EspazoCoop, incorporando unha proposta de valor na elaboración do relato da historia da Unión, e anterior á fusión.
Procedemento: Procedemento aberto e simplificado de adxudicación.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 15 de novembro de 2026.
Presentación de ofertas: A través do correo lucia@espazo.coop, co asunto “Oferta Aniversario”.
Data límite de presentación de ofertas: Até 29 de xuño de 2026 ás 12 horas.
Descarga a oferta de contratación: NESTE ENLACE
Leave A Comment