EspazoCoop participa na Feira ‘EmpregoinCampus’, da UVigo

Os días 27 e 28 de Abril de 2022 a Unión de Cooperativas EspazoCoop participa na Feira de Emprego organizada pola Universidade de Vigo que colabora con outras universidades e entidades no desenvolvemento de ferias de emprego, tanto presenciais como virtuais.

A Feira terá lugar na entrada das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Ciencias Xurídicas e do Traballo, no Campus de As Lagoas – Marcosende da UVigo.

EspazoCoop contará cun STAND propio no que dará a coñecer os seus servizos, as actividades formativas próximas e as cooperativas socias da Unión, co afán de conectar ás persoas tituladas ou do último curso da carreira universitaria co mundo do cooperativismo e coas cooperativas. Ademais, Teresa Balado, do equipo técnico de EspazoCoop, impartirá unha Charla sobre Cooperativas no Campus.

As Cooperativas Socias interesadas en difundir algunha oferta no Stand de EspazoCoop poden contactar coa Unión para informar e así poder rexistrala no espazo de ofertas.

EmpregoinCampus 2022

A primeira feira internacional EMPREGOinCAMPUS xorde para pór en contacto a persoas tituladas e o estudantado do último curso con empresas colaboradoras que estean buscando talento na Universidade de Vigo.

A Área de Emprego e Emprendemento organiza este evento co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo e do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, así como coa colaboración da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), o IEFP de Portugal,  CIM-AM – Camara Municipal de Valença-Alto Minho- e a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

EMPREGOinCAMPUS terá lugar nas facultades e escolas dos tres campus universitarios en tres datas distintas en función do campus e do perfil das candidaturas. As datas da feira e os prazos de inscrición e de publicación da listaxe de empresas participantes dependerán de cada campus.

PROGRAMA neste enlace

[ Fonte da información: web da UVigo, neste enlace ]