• Convocáronse as subvencións 2017 para fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social)

  • Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.

  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria estableceu mediante a Orde de 26 de Xaneiro as bases reguladoras destas subvencións, cuxo extracto foi publicado no DOG de 16/02/2017.

Fai clic, para descargar os documentos informativos:

  • Extracto da convocatoria das subvencións (publicada no DOG), aquí. 
  • Bases da convocatoria aquí
  • Folleto explicativo aquí.
  • Resumo elaborado por Espazocoop aquí.

Finalidade :

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.

Establecéronse os Programas:

Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.

Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora.

Programa III: que ten por obxecto a concesión de subvencións que faciliten a posta en marcha de proxectos empresariais, tanto de nova creación de cooperativas ou sociedades laborais como xerados polas existentes.

Programa IV: que ten por finalidade o impulso dos procesos de integración empresarial de entidades de economía social, así como o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, e coa loxística, comercialización e internacionalización.

Prazo de solicitudes :

O prazo xeral para presentar as solicitudes de axuda é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Lembrade!

Dende a Unión de Cooperativas Espazocoop asesorámosvos gratuítamente na súa tramitación.