Se che interesa poñer en marcha unha cooperativa, conta con Espazocoop para apoiarte, conta con nós se queres coñecar ás cooperativas e valorar se é un modelo idóneo para levar adiante o voso proxecto.

A cooperativa sérvenos para organizar e dar resposta a distintas necesidades (traballo, consumo, servizos …), en base a principios de xestión democrática, participación, autoxestión, axuda mutua, ou igualdade… O fin de Espazocoop tamén é impulsar novas cooperativas, a súa creación precisa de orientación, información, e acompañamento especializado, a Unión é unha entidade de referencia no movemento cooperativo galego, contamos con profesionais que coñecen o modelo e as particularidades que distinguen ás cooperativas doutras fórmulas empresariais.

E moi importante coñecer cales son os valores básicos e o modo de funcionar das cooperativas antes de emprender, e se te convence, que che ofrecemos?:

  • Orientación inicial: información e orientación sobre o modelo.
  • Plan de viabilidade: asesoramento e acompañamento para a súa elaboración.
  • Axudas: apoio na solicitude de axudas para o impulso de proxectos empresariais colectivos.
  • Constitución: apoio nos trámites de constitución da cooperativa.

Ademais, si xa eres unha empresa ou entidade, pero o que queres é transformarte en cooperativa, tamén te apoiamos.

En Espazocoop estaremos a disposición para orientarvos e dar soporte ao voso proxecto cooperativo!
Queremos axudarvos a ser cooperativa.

SERVIZO GRATUÍTO:

981 57 55 78 – info@espazo.coop –  www.espazo.coop

Espazocoop estamos en: Coruña – Santiago -Vigo

AXUDAS: Axudas 2017 en Galicia, prazo: 16/03/17 – Fai clicAxudas Programa Aprol-economía social 2017