COCETA celebra en 2016 os seus 30 anos de existencia, e esta é unha das actividades previstas
A Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA) celebra en 2016 os seus 30 anos de existencia. De entre as actividades previstas para conmemorar este evento, encóntrase o Concurso de Vídeo.
O obxetivo do Concurso é difundir o modelo empresarial cooperativo. O concurso vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO, Bachalerato e Formación profesional.
Os estudiantes deberán enviar, antes do 10 de maio, á organización representativa das cooperativas de traballo da súa comunidade autónoma (ver el mapa aquí) unha peza audiovisual de entre catro e oito minutos, baixo o título: “Que é para ti unha Cooperativa de Traballo?”.
O traballo de guión, deseño e elaboración do vídeo deben realizarse en grupos de catro. A organización representativa de COCETA na comunidade autónoma elixirá un finalista autonómico, que concursará cos finalistas do resto das autonomías polo premio final.
Os gañadores a nivel estatal recibirán unha dotación de material tecnolóxico valorada en 1000 euros o finalista e o gañador 2000 euros.
O xurado do concurso, en cada Comunidade Autónoma, valorará a calidade do guión, a creatividade e orixinalidade no deseño do vídeo, así como a calidade na selección de imáxenes e na grabación e montaxe audiovisual. Ademais, tomarase en conta positivamente a aportación de testemuñas ou a participación de persoas con opinións ou comentarios sobre o tema descrito ou a aparición de exemplos reais de cooperativas de traballo que enriquezan o vídeo.
Bases do certame aquí
Fonte da nova: web de Coceta, ver máis aquí.