Formación adaptada ás túas necesidades

Desde Tagen Ata convidan ás cooperativas socias de UGACOTA a que empreguen o seu saldo formativo anual para acceder a cursos destinados a mellorar as súas competencias profesionais.

Tagen Ata organiza cursos online (con titorización) flexibles, cómodos e prácticos. As temáticas son diversas: xestión empresarial, novas tecnoloxías, linguas, comunicación, educación, etc.
Podes descargar o catálogo de cursos de Tagen Ata aquí. E tamén consultar toda a información referente aos mesmos na súa web http://formacionenrede.com/

Non deixes pasar a oportunidade de aproveitar o teu saldo formativo anual para realizar formación adaptada a ti e manterte ao día.

Podes descargar unha pequena información sobre a formación bonificada (formación programada polas empresas) aquí.

Se queres resolver calquera dúbida ou acadar máis información, ponte en contacto con Tagen Ata!
Podes facelo no correo bonificada@tagenata.com ou nos teléfonos 881.939.142 / 663.199.031