Chamada ás cooperativas: Participa no Stand conxunto da Economía Social do ‘Salón Gastronómico XANTAR 2018’

//Chamada ás cooperativas: Participa no Stand conxunto da Economía Social do ‘Salón Gastronómico XANTAR 2018’

Entre as actuacións que desenvolve a Secretaría Xeral de Emprego a prol da economía social atópase a promoción da participación en diferentes eventos das cooperativas, sociedades laborais e outras entidades de economía social co fin de facilitar contactos e relacións comerciais para os seus produtos e servizos.

Nesta liña de traballo, a Secretaría xeral de Emprego promove a participación, a través dun stand conxunto, no vindeiro 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar,que se celebrará do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2018 na cidade de Ourense.

Mediante esta iniciativa acollerase, nun espazo expositor compartido, a aquelas entidades interesadas en asistir a este importante evento, que terán ocasión de dar a coñecer os seus produtos a través de sesións de degustación dirixidas a profesionais e público en xeral. A participación no stand é libre de custos para o expositor, correndo só ao seu cargo o produto para súa exposición e degustación e o seu persoal de atención.

As cooperativas e entidades interesadas en participar deben comunicar o seu interese no enderezo electrónico economiasocial.emprego@xunta.es antes das 14.00 h. do día 15 de xaneiro de 2018.

2018-01-10T18:34:21+00:0010/01/2018|Convocatorias|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies