Xornada para analizar as oportunidades da Lei de Contratos Públicos na Economía Social | 25 xaneiro

//Xornada para analizar as oportunidades da Lei de Contratos Públicos na Economía Social | 25 xaneiro

CEPES organiza unha xornada para analizar as oportunidades da Lei de Contratos do Sector Público para a Economía Social, o xoves 25 de xaneiro en Madrid. Dende EspazoCoop asistirá unha representación do equipo directivo e técnico para participar na mesma.

Esta xornada celebrarase na sé madrileña do Consello Económico e Social (CES) e estará dirixida a empresas e entidades da Economía Social, persoal técnico das Administracións Públicas, representantes políticos e cargos públicos de dirección.

A xornada celebrarase de 10:00 a 17:45 horas, e persegue os seguintes obxectivos:

– Analizar o novo escenario normativo de cláusulas sociais e contratación trala aprobación da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
– Explicitar as vantaxes e beneficios da contratación pública responsable para promover administracións públicas comprometidas socialmente.
– Facilitar ás entidades da economía social o acceso á adxudicación de contratos públicos.
– Ofrecer ao persoal técnico implicado en contratación pública as ferramentas e mellores prácticas para elaborar os pregos de contratación con cláusulas sociais e reservas de contratos.

Para analizar estes obxectivos, persoas expertas das Administracións Públicas, Universidades e da Economía Social analizarán e debaterán numerosos aspectos relativos ao novo marco normativo. Os relatorios serán: “Novidades en materia de contratación pública responsable na nova Lei de Contratos do Sector Público”, “Impulso e compromiso das cláusulas sociais desde as Administracións Públicas”, “Compra pública innovadora desde a economía social” e “A contratación pública responsable para as empresas e entidades de economía social”. Ao finalizar, realizaranse talleres abertos e participativos.

CEPES traballou na aprobación deste novo marco normativo, posto que a contratación pública debe contribuír a conseguir obxectivos sociais e medioambientales, como a calidade no emprego, a participación de colectivos con maiores dificultades de empregabilidade, a paridade home-muller, a estabilidade laboral das persoas traballadoras, entre outros. Por este motivo, a contratación pública convértese nunha ferramenta para a transformación da contorna social e económica que rodea ás distintas administracións públicas.

Ademais, CEPES valora que o novo marco xurídico de contratación pública en España supón unha oportunidade para incorporar de forma efectiva criterios sociais de forma transversal e obligatoria na contratación, configurando un sistema que avance cara a un modelo económico máis humano e responsable, implicado co territorio, innovador e que coloque ás persoas no centro da xestión, con criterios democráticos e de redistribución de beneficios de forma equitativa; e que colabore na integración laboral de persoas con dificultades de empregabilidade.

As inscripcións á xornada pódense realizar ata o 22 de xaneiro, a través da páxina web de CEPES www.cepes.es no seguinte: Formulario de inscrición.

Fai clic para consultar o Programa da xornada ‘Contratación Pública Responsable’.

 

Fonte: Cepes

 

 

2018-01-10T15:18:31+00:0010/01/2018|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies