Axudas para o Fomento do Emprendemento en Economía Social – PROGRAMA APROL 2019

 

 

  • Convocáronse as subvencións 2019 para fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social).
  • Estas axudas están destinadas ás cooperativas, entre outras beneficiarias.
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca estas axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Documentos informativos:

  • Bases da convocatoria Aquí
  • Extracto da orde Aquí
  • Folleto informativo Aquí

Finalidade do Programa Aprol- Economía Social :

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais.

Establecéronse os Programas:

  • Programa I: Fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.
  • Programa II: Fomento do acceso á condición de persoa socia.

Programa I, dirixido a fomentar a incorporación, como persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, de persoas desempregadas, de traballadores e traballadoras con carácter temporal e de persoas socias a proba.

Programa II, dirixido a fomentar o acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como o fomento do acceso
de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas, a través do financiamento das achegas económicas ao capital social.

Entidades beneficiarias: As cooperativas e sociedades laborais para o programa I e as persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

Prazo de solicitudes: O prazo para presentar solicitudes finaliza o 1 de outubro de 2019 (agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito)

Lembrade! dende a Unión de Cooperativas EspazoCoop asesorámosvos na súa tramitación e estamos á vosa disposición para realizar servizos de acompañamento de xeito gratuíto na posta en marcha de proxectos de índole cooperativa. E ademais, proximamente organizaremos unha Sesión Informativa no ámbito do programa ‘Economía Social Meeting’ e co Foro pola Economía Social Galega para tratar e informarvos máis polo miúdo sobre o Programa Aprol 2019.