| ANUNCIO DE CONTRATACIÓN |

Contratación para:
ELABORACIÓN E PRODUCIÓN DE UNIDADES E MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A FORMACIÓN A TRAVÉS DE INTERNET

Obxecto: Contratación dun servizo de elaboración e produción en galego de unidades e materiais didácticos inéditos para a formación a través de internet, dentro da programación deste tipo de EspazoCoop:
1) Desenvolvemento e produción dos contidos e unidades didácticas para unha acción formativa de 80 horas de duración, no ámbito do tecido da economía social vinculada ao sector das TIC’S.
2) Desenvolvemento e produción dos contidos e unidades didácticas para unha acción formativa de 40 horas de duración no ámbito do tecido da economía social vinculada á mellora do planeamento estratéxico na área comercial.

Entidade contratante : Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Duración do contrato: Até a entrega dos produtos vinculados ao servizo obxeto do contrato en todo caso, até o 24 de setembro de 2019.

Prezo fechado de licitación: 12.150 € sen ive incluído. 

Presentación de ofertas: A través do correo-e patane@espazo.coop

Data límite de presentación de ofertas: 22 de xuño de 2018 ás 14.00 horas.

Obtención de documentación, descarga do prego de condicións e outra información de interese : aquí

—-

Este servizo enmárcase dentro da programación de actividades solicitadas por EspazoCoop para o período 2018-19, ao abeiro da convocatoria 2018 da Orde de axudas da Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, destinadas ás entidades que forman parte da Rede Eusumo . A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.