A Axencia Galega de Innovación convida a participar nas Xornadas:

“ Convocatorias 2014 de apoio ás PEMES ”

Que se celebrarán en distintos puntos da xeografía galega durante as primeiras semanas de febreiro: Santiago de Compostela 3 de febreiro; Ponteceso 4 de febreiro; Vigo 7 de febreiro; Ribeira 10 de febreiro, e Ferrol 11 de febreiro.

Estas xornadas teñen como finalidade presentar as novas convocatorias da Axencia Galega de Innovación (GAIN) previstas para o primeiro trimestre de 2014, tanto as novas convocatorias de CONECTA PEME e de INVESTIMENTOS INNOVADORES como as liñas de BONOS DE INNOVACIÓN e de PROPIEDADE INDUSTRIAL. Igualmente informarase sobre as convocatorias que Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ten para o apoio das PEMES.

Estas liñas de axuda supoñen unha oportunidade para impulsar o crecemento das PEMES no contexto actual. Igualmente, apóiase a colaboración entre axentes do Sistema Galego de Innovación para multiplicar as posibilidades de éxito.

Todas as xornadas terán un carácter eminentemente práctico, na cal se presentarán as características das novas convocatorias de apoio ás empresas a través de exemplos e darase resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.

Preme no seguinte enlace para : MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS