COCETA arranca un novo proxecto europeo, ferramentas para a saúde e seguridade no traballo en empresas de servizos sociais.

Organizacións de cinco países da Unión Europea (España, Italia, Portugal, Rumanía e Bulgaria) celebraron a primeira reunión dun longo e ambicioso proxecto para desenvolver unha serie de ferramentas (vídeos e cursos) para a saúde e a seguridade en empresas de servicios sociais.

As organizacións participantes no proxecto son a Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA); a Associação Nacional para a Acção Familiar (ANJAF) e a Associação Portuguesa de Saúde, Hixiene e Segurança no Trabalho para o Desenvolvimento e Cooperação Internacional (APSHSTDC) de Portugal; o Istituto Nazionale di Formazione della Lega delle Cooperative e Mutue (Inforcoop) e a organización especializada en materiais de comunicación Oltremodo, de Italia; a empresa de formación de Bulgaria Balkanplan; e por último o Group For European Integration (GIE) de Rumania.

Para saber máis : preme aquí

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA é membro asociado a COCETA.