Aberta a inscrición á 2ª Edición do Germinador Social!

Despois do éxito da 1ª Edición, con máis de 40 proxectos presentados, o 15 de marzo ábresen as inscricións á
2ª Edición do Germinador Social!

Germinador Social é un proxecto que nace da intercooperación entre Som Energia e Coop57 co desexo compartillado de avanzar cara a un novo modelo enerxético no marco da economía social e solidaria.

Podes presentar o teu proxecto desde o 15 de marzo até o 21 de maio.

Que é o Germinador Social?

O Germinador Social é un concurso impulsado por Som Energia e Coop57 que pretende estimular a creación de modelos innovadores de iniciativas sociais, enerxía renovábel e eficiencia enerxética, e axudalas a porse en marcha co obxectivo de promover novos axentes locais para a transición enerxética no marco da economía social e solidaria (ESS).

A quen vai dirixido?

O Germinador Social está aberto a todas as iniciativas -con calquera forma legal de economía social e solidaria- de recente creación (máximo de tres anos de funcionamento), e ás organizacións xa existentes que queiran iniciar unha nova liña de actividade, e que, desde os principios da ESS contribúan á democratización da enerxía, ao fomento das enerxías renovábeis, ao apoderamento das persoas usuarias e/ou á eficiencia enerxética. En definitiva, que se constitúan en novos axentes para a transición enerxética.

Nesta segunda edición, as persoas ou entidades participantes, deberán presentar os seus proxectos dentro dun destes sete ámbitos:

  • Eficiencia enerxética
  • Formación
  • Xeración de renovábeis
  • Medio urbano ou rural
  • Movilidade sustentabel
  • Pobreza
  • Procomúns
  • Outros
Premios e bases do concurso

  • Os premios son unha subvención a fondo perdido de 25.000 euros, a repartir entre os proxectos gañadores, que xorden dos recursos que se reciben a través dunha doazón voluntaria dos contratos de Som Energia.
  • Por outro lado, a posibilidade de acceder a préstamos concedidos por Coop57 en condicións preferentes.
  • O 15 de marzo publícanse as bases completas no web do concurso.

Criterios de selección do xurado

  • O impacto social e ambiental do proxecto no contorno máis próximo e a súa capacidade de dimensión comunitaria
  • A contribución do proxecto ao desenvolvemento de novos modelos para a transición enerxética, a eficiencia enerxética e a democracia na produción, acceso e consumo de enerxía.
  • A contribución do proxecto ao desenvolvemento da economía social e solidaria, e a profundar en modelos de democracia económica.
  • Sustentabilidade técnica e económica do proxecto a longo prazo.
  • O grao de innovación do proxecto e a capacidade para resolver necesidades sociais e ambientais.
  • Replicabilidade do proxecto: capacidade do proxecto a ser replicado noutros lugares e/ou por outros axentes.

Animámosvos a participar! E se coñecedes a persoas e organizacións que poidan estar interesadas, difundide para apoiar o camiño cara a transición enerxética.

O equipo do Germinador Social