Xornada de Resultados do Programa ES-Mentoring, 2023
Acompañamento á Economía Social
O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas, e presentará publicamente os resultados o día 4 de decembro de 2023.
ES-MENTORING é un servizo que se dirixe ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, que están nun momento de crise, nun proceso de cambio, transformación ou innovación entre outras situacións, e están interesadas en recibir orientación sobre como enfocar a mesma por parte de persoas mentoras vinculadas coa economía social que poidan ter pasado por circunstancias similares.
Promove ademais, a creación dunha Rede de mentoras na economía social que permita compartir os coñecementos, as vivencias e as habilidades das profesionais con experiencia con outras organizacións e empresas da economía social que precisan ser mentorizadas e implementar melloras.
Presentación de resultados
A iniciativa ES-MENTORING, na súa segunda edición, é desenvolvida conxuntamente por Agaca e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Xunta de Galicia. A presentación de resultados está prevista para o luns 4 de decembro no Hotel Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n) en Santiago de Compostela.
A Xornada está destinada tanto ás mentoras participantes no programa como as organizacións mentorizadas nesta edición, ademais doutras entidades da economía social interesadas en coñecer este programa (o Foro pola Economía Social Galega, Reas Galicia, as Comunidades de Montes, as Confrarías de Pescadores e Pescadoras, as Sociedades Laborais, as Cooperativas, …).
O programa, de 10 a 14 horas, ten previsto ofrecer un Café antes da Benvida institucional a cargo do Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández López, da Presidenta de Agaca, Carmen Rodríguez e da Presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop, Ana Olveira. A continuación, a Presentación de resultados ES-MENTORING e a apertura dun espazo de diálogo e reflexión coas participantes e o público, a seguir exposición de Casos de Mentoría ES-Mentoring (con mentoras e mentorizadas), posteriormente unha Mesa de intercambio de programas de mentoring (experiencias galegas e tamén de Andalucía: Programa Xuventude Mentoring con Silvia Negreira Subdirectora xeral de Progamas para a Xuventude, Programa Mentoría Coop con Tania Lara Directora provincial de FAECTA Cádiz, Programa ES Mentoring con Hixinio Mougán, Director de Agaca), ao remate da mesa, está prevista a Clausura por parte da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo López.
Pecharase o encontro cun Cóctel-Networking.
Consulta o Programa neste enlace
INSCRICIÓN : Asistencia previa inscrición neste enlace ata completar aforo.
Cartel da Xornada neste enlace
Web do Programa ES-Mentoring: https://es-mentoring.gal/