Xornada de presentación do proxecto ES-Factory economía social

ES-Factory: Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal.

 

 

 

O proxecto ES Factory foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, o cal promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

ES FACTORY está liderado pola Xunta de Galicia e composto por un consorcio de organizacións no que están integrados, ademais da Xunta, Agaca, EspazoCoop, Aesgal, USC, Utad, TecMinho, e In Cubo.

O proxecto está en vigor dende outubro de 2023 para por en funcionamento unha rede de aceleradoras de empresas de economía social de Galicia e do Norte de Portugal.

Desde as entidades socias de ES-Factory convidan á xornada de lanzamento do proxecto ES-Factory economía social:

📆 03 | xullo | 2024

12:00 h – 14:00 h

📍 Museo do Mar de Vigo, Vigo (Pontevedra; Galicia)

A xornada pretende presentar o proxecto ES Factory cuxa finalidade é o impulso e consolidación do emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se desenvolvan a través da economía social. En concreto, presentar as seguintes accións:

  • Programa Formo-Talento: Identificación e formación de entidades prescritoras da economía social.
  • Programa Mobilidade. Bolsas Xerenciais Transfronteirizas.
  • Programa para o desenvolvemento de plataformas dixitais e recursos para impulsar as novas economías emerxentes.
  • Programa para o impulso de cooperativas de emprendemento.
  • Aceleradoras ES FACTORY para a creación de proxectos de economía social.
  • Creación de espazos de emprendemento pop-up.
  • Observatorio da Economía social da Galiza e Norte de Portugal.

Ademais diso, a xornada contará cun relatorio e unha mesa redonda na que participarán entidades de economía social da contorna e fecharemos o acto cun aperitivo networking.

Confirmación de asistencia na seguinte ligazón: https://bit.ly/jornadainicioesfactory

Nova relacionada, máis info de ES-Factory neste enlace