“As cooperativas como ferramenta para un desenvolvemento sostible” | 11 decembro, Bergondo

Xornada: As cooperativas como ferramenta para un desenvolvemento sostible

A Xornada é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2024, e terá lugar o día 11 de decembro no Pazo de Mariñán en Bergondo, A Coruña, de 9.30 a 14.00 horas.

 

 

En  “As cooperativas como ferramenta para un desenvolvemento sostible” vanse a abordar aspectos específicos da contribución das cooperativas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e tratarase como poden ser axentes de cambio nas Axendas Urbanas.

A Ponencia marco a cargo de Daniel González Palau, director do IGADI, exporá a temática “Os ODS e a Axenda 20230: cara á sostibilidade”, como paso previo ás Mesas que se desenvolven posteriormente.

Na primeira temática do Programa “A economía social, nas Axendas Urbanas”, participarán Carme Casado do Concello de Santiago de Compostela, que presenta o relatorio “Presenza da economía social na Axenda Urbana, comao panca de cambio na cidade”, e Claudia Rodríguez de Alén S. Coop. Galega, que expón o relatorio “Análise de situación e ferramentas de implementación dos ODS”, a mesa será presentada e dinamizada por Ana Olveira, presidenta da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Despois dun Café, pasarase á segunda temática da xornada denominada “Valores cooperativos e contribución aos OD” presentada e dinamizada pola cooperativas Somos Terra, coa participación de 3 casos de éxito e boas prácticas, as cooperativas referentes: Feitoría Verde, Árbore Consumo Consciente e Aventeira.

Para ambas mesas abrirase tamén un espazo para o diálogo co público asistente.

Que obxetivos ten?:

– Aproximarse ao Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e á Axenda 2030.

– Identificar os ODS e por en valor a súa implementación destacando a súa proximidade ao principios e valores cooperativos, e polo tanto á contribución do cooperativismo á cosecución dos mesmos.

Destinatarias da xornada:

Cooperativas interesadas en coñecer a implementación dos ODS, persoas e axentes prescritores de emprego e emprendemento, profesionais da consultoría, persoal técnico e responsables de áreas de promoción económica de concellos e responsables da Axenda Urbana, e público interesado en xeral.

[ Programa ]

Consulta o PROGRAMA| A partir das 14.15 h. ofrecerase un Xantar ao público asistente por cortesía da Deputación Provincial da Coruña.

[ Inscrición ]

Fai clic para realizar a inscrición en liña: INSCRICIÓN

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

 



 



 

 

2024-11-29T16:01:07+01:0029/11/2024|Rede Eusumo|0 Comments

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Go to Top