Achegámonos ao remate da programación de cursos gratuítos que a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota ven realizando, no marco da programación formativa da Rede Eusumo.
Nos próximos días levaremos a cabo 2 accións formativas nos Centros da Rede Eusumo da Fundación Terra de Trasancos (Narón, A Coruña) e da Caixa Rural Galega de Lugo.
A continuación tedes a relación de cursos gratuítos que impartiremos. Premendo sobre o título do curso podedes consultar o programa completo do curso. Tamén podedes inscribirvos a aqueles obradoiros que sexan do voso interese a través da ligazón habilitada.
CENTRO DA REDE EUSUMO NA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS – COOPERATIVA DO VAL
(Vilacornelle, s/n, Narón, A Coruña)
Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA
Datas: 29 e 30 de outubro.
Horario: de 10:00 a 14:30hs.
Obxectivo: Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.
Dirixido a: persoas socias de cooperativas
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
CENTRO DA REDE EUSUMO NA CAIXA RURAL GALEGA
(Praza Fonte dos Ranchos, 27, b, Lugo)
Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER
Datas: do 5 ao 9 de Novembro
Horario: de 10:00 a 15:00hs.
Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas
Dirixido a: público en xeral.
Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ
Para máis información e inscricións nos obradoiros:
– UGACOTA CORUÑA (Patane García Méndez)
•Tf: 881 887 456 / 697 877 773
•E-mail: patane@ugacota.coop
[…] Tf: 881 887 456 / 697 877 773 E-mail: patane@ugacota.coop Toda a información na seguinte ligazón: https://espazo.coop/rede-eusumo/ultimas-prazas-cursos-gratuitos-de-ugacota-nos-centros-da-rede-eusu… Compartir:Correo-eMáisFacebookTwitterLinkedInPinterestArtigos […]