Do catro ao oito de decembro celébrase no Recinto Ferial de ExpoCoruña a vixésima edición da Feira dos Autónomos de Galicia FEMAGA 2013.

FEMAGA é un grande escaparate de produtos e servizos, punto de encontro entre profesionais de diferentes sectores e aberto ao público en xeral. Un espazo destinado a ofrecer produtos ao consumidor final e proxectar a imaxe de marca das empresas. Un evento ineludible para o intercambio comercial que permite aos seus expositores, durante cinco intensas xornadas, contactar cos miles de visitantes, que o pasado ano superaron os 80.000, converténdoa así na Feira galega multisectorial con máis visitantes do ano 2012.
Nesta 20ª edición FEMAGA 2013, incorpora, varios salóns diferenciais, viveiro de futuras feiras sectoriais, que crecerán arroupadas pola xa consolidada Feira dos Autónomos de Galicia.

A Federación de Autónomos de Galicia, FEAGA, vense de incorporar como socia á Rede Eusumo e unha das súas primeiras iniciativas dentro da Rede é a visibilización do cooperativismo e a economía social convidando ao Consello Galego de Cooperativas a participar en FEMAGA.

O Consello leva á Feira a Exposición Itinerante “Descubre as Cooperativas” cuxo obxecto é afondar na promoción e divulgación da fórmula cooperativa como unha opción de futuro para emprendedores e público en xeral. Amais, o stand ten un punto de información atendido por persoal técnico da Rede Eusumo e da propia Exposición, que dará resposta as consultas que se reciban. No stand poderase tamén consultar documentación e información sobre o cooperativismo e a economía social, así como información sobre Ugacota e as demais Asociacións de Cooperativas.

 

Preme aquí para descargar o convite de entrada a FEMAGA 2013.

O pase de diapositivas require JavaScript.