O stand das cooperativas no Culturgal recibiu alta concorrencia de público durante a Feira das Industrias Culturais.  A presenza de  dez cooperativas de traballo  e a programación propia que levaba o stand do Cogaco, con presentación de proxectos, actividades lúdicas (conta contos, música ao vivo, …), divulgación do modelo cooperativo, ou asistencia técnica e información sobre cooperativas, fixo deste espazo un lugar dinámico e atractivo para o público .

Podes acceder aquí a unha nova sobre: O Panorama de Cooperativas no Culturgal

Ollade o álbum de fotos deste expositor común do panorama das cooperativas culturais : Teixugo, Ardora, Trespés, Cestola na Cachola, Urdime, O Cable Inglés, Imperdible, Culturactiva, Melandrainas, ou  Sonaxe.

O pase de diapositivas require JavaScript.