A xornada que se celebra o día 30 de Xaneiro no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes no marco da Rede Eusumo conta coa participación de UGACOTA co relatorio “Cooperativas de Traballo Asociado: Outra forma de emprender” .

Asimesmo participarán as cooperativas asociadas de UGACOTA: Nova Aseconia e Xesforesta xunto coa cooperativa Monte Cabalar nunha mesa redonda de experiencias cooperativas.

A xornada rematará cunha degustación de produtos cooperativos.