Teleformación 2019 | Oferta de cursos de EspazoCoop, inicio en Febreiro!

A Unión de Cooperativas ESPAZO COOP pon en marcha a súa oferta de cursos na modalidade de TELEFORMACIÓN, e TELEFORMACIÓN MIXTA, de carácter gratuíto e no marco da programación de actividades da Rede Eusumo para o ano 2019.

Esta programación está dirixida a :

>> Socias e socios de cooperativas

>> Persoas asalariadas de cooperativas

>> Persoas socias e traballadoras noutras entidades de economía social

>> Público interesado en xeral

As primeiras edicións dos cursos darán inicio en Febreiro, aínda que a programación vai a ofertar progresivamente máis accións formativas ata o mes de Maio.

A INSCRICIÓN está ABERTA para as seguintes actividades formativas:

 

>>> MODALIDADE TELEFORMACIÓN:

Formación a través de internet. Deberá dispor dun ordeador con conexión a internet.

– Iniciación á Cooperativa de Traballo – 1ª edición | Do 5 ao 26 de Febreiro de 2019 | 40 h. |

Programa | Cartel | Inscrición |

– Responsabilidade Social Empresarial nas Cooperativas – 1ª edición | Do 5 ao 26 de Febreiro de 2019 | 40 h. |

Programa | CartelInscrición |

>>> MODALIDADE TELEFORMACIÓN MIXTA :

Unha parte da formación é teleformación a través de internet , e outra parte é formación presencial (2 sesións). Deberá dispór dun ordeador con conexión a internet.

– Asembleas e Reunións – 1ª edición – A Coruña | Do 14 de Febreiro ao 20 de Marzo de 2019 | 40 h. |

Programa | Cartel | Inscrición

– Regulamento de Réxime Interno nas Cooperativas – 1ª edición – Vigo | Do 1 de Marzo ao 5 de Abril de 2019 | 40 h. |

ProgramaCartel | Inscrición

Estas actividades foron presentadas ante a Consellería do Mar para a súa inclusión no Catálogo de Actividades Formativas do baremo no marisqueo a pé, a vara e recursos específicos, e son baremables.

Convoca e organiza: ESPAZO COOP Unión de Cooperativas Galegas.

Estas accións formativas enmárcanse no programa de actuación 2019 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.