A semana do 18 ao 22 de novembro de 2013 no marco da Semana do Cooperativismo do Campus de Lugo da USC vanse a celebrar unha serie de actividades :

– A xornada Universocoop, que terá lugar o 21 de novembro na Facultade de Administración e Dirección de Empresas

– A exposición Descobre as cooperativas tamén na Facultade de Administración e Dirección de Empresas

A Escola Cooperativa Móbil cunha programación de obradoiros e horarios de atención personalizada

Esta iniciativa enmárcase dentro da Rede Eusumo promovida pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, que recentemente formalizou a súa adhesión á Rede Eusumo.

Durante a semana desenvolveranse diferentes accións co obxectivo e dar visibilidade, difundir informar e formar sobre o cooperativismo e a economía social, achegándoos á comunidade universitaria

Para máis información, escribir a: info@eusumo.coop ou chamar ao teléfono 678 759 079 . Así como consultar información nas webs: www.eusumo.coop e www.cooperativasdegalicia.com .

Programa das actividades conxunto :  Programa