Impulsa o teu negocio co marketing dixital
Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é o de facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e, como consecuencia, mellorar a comercialización dos seus negocios.
Duración: 20 horas blended learning (6 h presenciais e 14 horas teleformación)
Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro na Aula 2 do Edificio Cersia Empresa, en Santiago
Datas: Do 4 ao 20 de decembro de 2017
Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro en horario de 16.00 a 19.00 horas
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 30 de novembro.
Mellora a túa comunicación e as túas habilidades sociais
Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é mellorar nas habilidades sociais e comunicativas, que cada vez se fan máis necesarias no mundo profesional, non só para progresar no liderado e o carisma persoal, senón tamén para comunicar dunha maneira eficaz e poder acadar os retos marcados pola túa empresa de economía social.
Duración: 20 horas presenciais
Lugar: Sala de conferencias, seminario 1 e seminario 2 do Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa (Avenida de Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa)
Datas: 11, 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2017
Horario: Días 11, 13, 14 e 15 de 16.00 a 20.00 horas |Día 12 de 17.00 a 21.00 horas
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 8 de decembro
Descubre as posibilidades das ferramentas ofimáticas para o teu negocio
Descrición: O obxectivo fundamental deste curso presencial é introducir e favorecer o uso das ferramentas ofimáticas nos proxectos de economía social para mellorar na xestión dos mesmos.
Duración: 20 horas presenciais
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Aula nº 3. Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela
Datas: 11, 13, 18 e 20 de decembro de 2017
Horario: De 09.00 a 14.00 horas
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 8 de decembro