Programa formativo:

«Coopera Rural»

 

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos o Programa formativo: “Coopera Rural. Fortalecendo o tecido cooperativo no rural” que se imparte nos meses de xuño e xullo de 2024 e que ofrece 3 cursos de teleformación, GRATUÍTOS, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

Estas actividades formativas contan co apoio da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Este Programa tamén contan co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.

O primeiro dos cursos dá inicio o día 3 de xuño, estando a inscrición xa aberta. Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 75 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

 

CURSOS DO PROGRAMA `COOPERA RURAL´

Fortalecendo o tecido cooperativo no rural galego:

  • Emprendemento en cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 3 ao 18 de xuño 2024
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 25 h. | Teleformación | Do 19 de xuño ao 7 de xullo 2024
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 25 h. | Teleformación | Do 9 ao 24 de xullo 2024

Emprendemento en cooperativa

Teleformación| do 3 ao 18 de xuño de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Programación – Inscrición 

 


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Teleformación| do 19 de xuño ao 7 de xullo de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Programación – Inscrición 


Desenvolvendo a idea cooperativa

Teleformación| do 9 ao 24 de xullo de 2024 | 25 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

Programación – Inscrición 



 

ESTES CURSOS CONTAN CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:

Programa 2023-2024 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción Económica e Igualdade, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.