Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos
Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos é un programa de acompañamento para apoiar o impulso de empresas cooperativas en ámbitos e actividades económicas estratéxicas en Galicia e ás novas necesidades comunitarias.
EspazoCoop elaborou unha colección de Plans Estratéxicos en 2022 nos ámbitos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continuará, a través deste programa, coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.
Consta de dúas liñas de actuación:
Encontros sectoriais
Encontro I : Sector Cultura | 26 de setembro de 2023 | Programa | Cartel | De 16 a 18 h. | Santiago de Compostela.
Encontro I: Sector Novo Rural | 3 de outubro de 2023 | Programa | Cartel | Inscrición | De 10 a 12 h. | Telemático
Encontro III : Sector Vivenda Colaborativa | 9 de outubro 2023 | Programa | Cartel | Inscrición | De 10 a 12 h. | Telemático
Asesoramento
O acompañamento a proxectos de impulso do cooperativismo en sectores extratéxicos realízase durante 2023 ata setembro-outubro.
Destinatarias: Persoas e entidades vinculadas aos sectores previstos do programa (cultura, vivenda ou novo rural), persoas e entidades prescritoras de procesos de emprendemento empresarial no ámbito socioeconómico e comunitario, ou a grupos promotores de proxectos en cooperativa ou outras fórmulas de economía social.
——
[ Actividades realizadas co apoio e no marco dos programas 2023 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia ]