Programa de Intercooperación EspazoCoop 2024
Hai motivos para Intercooperar
As cooperativas poden alcanzar un maior potencial mediante a colaboración práctica dunhas con outras, tanto no ámbito local como no internacional, no sectorial ou no intersectorial.
A “intercooperación” pódese implementar dende diversas perspectivas, e dende distintas fórmulas de organización.
Son moitas as experiencias de intercooperación que se teñen dado no mundo do cooperativismo e a economía social e solidaria (ESS), como un modo de funcionar natural, para alcanzar obxetivos comúns, solucionar necesidades compartidas, crear actividade económica en conxunto e xerar mercados sociais.
“Exerce-la Intercooperación”(*)
EspazoCoop promove un programa para impulsar procesos de intercooperación, e promocionar e estimular a práctica deste Principio cooperativo fundamental que distingue especialmente a economía cooperativa e a cultura empresarial que poden exercer as cooperativas, sumando valor, diferenciándose doutras formas de economía competitivas e excluíntes para as persoas e a sostibilidade da vida.
O programa conta co apoio da Rede Eusumo-Xunta de Galicia.
Obxectivos do Programa
Os obxectivos que se propón a Unión de Cooperativas coas actuación deste programa son:
- Facilitar o coñecemento mutuo das empresas participantes no programa de intercooperación.
- Descubrir temas de interese e solucións para desenvolver estratexias de cooperación.
- Tratar asuntos susceptibles de inter-cooperativizar, para favorecer tanto a xestión empresarial e societaria (financiamento, compras conxuntas, comercialización, promoción, etc.), como a innovación cooperativa (plataformas dixitais cooperativas), ou a consolidación da actividade e do emprego.
- Mostrar e divulgar boas prácticas de intercooperación.
- Estimular, dinamizar e acompañar ás cooperativas e outras entidades de ESS en procesos de intercooperación.
- Crear material de referencia sobre o exercicio da intercooperación.
A quen vai dirixido?
As actividades do programa están destinadas a cooperativas e empresas de economía social, ás persoas dos órganos de goberno e persoal técnico con responsabilidades de xestión empresarial e societaria.
Actividades do Programa de Intercooperación
Para fomentar a intercooperación, tanto a nivel sectorial como intersectorial e con outras entidades da Economía Social e Solidaria (ESS) a Unión de Cooperativas EspazoCoop implementa un itinerario de intervención e actuacións, mediante a realización de:
- Encontros temáticos ou sectoriais de cooperativas e outras empresas e entidades de ESS.
- Acompañamento de proxectos de intercooperación.
Axenda dos Encontros de cooperativas 2024
Sectorial Asesorías-Consultoras | Encontro en Vigo | Venres 27 de setembro de 2024, de 15.30 a 18 h. | Inscrición
Sectorial Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio, e Medio Ambiente e a Sectorial de Ensino | Encontro en Vigo | Venres 27 de setembro de 2024, de 15.30 a 18 h. | Inscrición
Sectorial Asesorías-Consultoras | Encontro en liña | Venres 24 de maio de 2024, de 9.30 a 12 h. | Programa >> Inscrición (pechada).
Sectorial Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente | Encontro en Pontevedra | Venres 1 de decembro de 2023, ás 12 h.| Inscrición (pechada).
Os proxectos de Intercooperación contarán con acompañamento
EspazoCoop prestará apoio e acompañamento aos proxectos de colaboración que xurdan durante o desenvolvemento do programa, de forma virtual ou presencial.
——
[ Actividades realizadas co apoio e no marco dos programas 2024-2025 da Rede Eusumo – Xunta de Galicia.]
(*) “Exerce-la Intercooperación” foi o título dunha liña formativa dentro do Programa de Formación de Cadros de Xestión da Economía Social, impulsado pola Asociación para a Economía Social, UVigo, a finais dos anos noventa.