Programa Colectivos:

“A Solución é Cooperativa”

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Programa Colectivos “A Solución Cooperativa é para ti” que está conformado como un itinerario formativo de dous obradoiros presenciais.

O programa tenciona achegar formación e acompañamento sobre a fórmula cooperativa a colectivos e persoas en risco de exclusión social, entendida esta como un proceso de perda de integración ou participación das persoas na sociedade e en diferentes ámbitos económicos, políticos e sociais, que afecta en distintos niveis, e por distintas circunstancias, cada vez a máis xente.

Hai certos colectivos identificados: como persoas sen fogar, con diversidade funcional, persoas novas ou maiores, dependentes, inmigrantes, víctimas de violencia machista, desempregadas de longa duración, sen estudos regrados, …

No actual contexto socioeconómico, de cara a integración no mercado laboral destas persoas, as empresas cooperativas e da economía social preséntanse como instrumentos clave, a través do apoio necesario, para a incorporación progresiva ao mercado laboral ordinario.

Porén EspazoCoop pon en marcha este Programa, para contribuír a que posibilite o acceso e mantemento do emprego das persoas que atravesan por estas situacións. Coidamos que a fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración no mundo laboral das persoas en situación de exclusión, nunhas condicións dignas e estables e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

Con esta proposta estamos fomentando a aptitude emprendedora entre as persoas participantes á vez que apoiamos á creación de emprego nos seus propios proxectos de emprendemento colectivo.

As actividades do Programa son gratuítas, sendo preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de alumnado en cada curso que se desenvolverán no Concello de Porto do Son (A Coruña).

  • Emprendendo en cooperativa | Presencial | 20 h. | Inicio 3 de agosto de 2021
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | Presencial | 20 h. | Inicio 6 de setembro 2021


FORMACIÓN PRESENCIAL


Emprendendo en cooperativa

Do 3 ao 6 de agosto 2021 | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa Colectivos ‘A solución é cooperativa”

Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal

Fai clic: Programa Cartel



Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

6, 7, 8 e 10 de setembro 2021 | 20 horas | Porto do Son | Dentro do Programa Colectivos ‘A solución é cooperativa”

Inscrición: Orientación Laboral – Concello de Porto do Son | 981 86 74 12 (Ext. 1302) – jose.pazo@portodoson.gal

Fai clic: Programa Cartel



[ Estas actividades organizadas pola Unión de Cooperativas EspazoCoop están no marco da programación 2021 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.]