Programa Colectivos:

“A Solución é Cooperativa”

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Programa Colectivos “A Solución é Cooperativa” que está conformado como un itinerario formativo de 3 obradoiros en modalidade teleformación do 25 de abril ao 9 de xuño de 2023.

 

O programa tenciona achegar formación e acompañamento sobre a fórmula cooperativa a colectivos de persoas en proceso de mellora da súa situación social e laboral, que están en proceso de cambio para integrarse e participar en diferentes ámbitos: económico, político e social, na nosa sociedade.

No actual contexto socioeconómico, de cara a integración no mercado laboral destas persoas, as empresas cooperativas e da economía social preséntanse como instrumentos clave, a través do apoio necesario, para a incorporación progresiva ao mercado laboral ordinario.

Porén EspazoCoop pon en marcha este Programa, para contribuír a que posibilite o acceso e mantemento do emprego das persoas que están en situación de cambio laboral e social . Coidamos que a fórmula cooperativa é unha eficaz ferramenta para conseguir a integración no mundo laboral das persoas, nunhas condicións dignas e estables e con amplas posibilidades de desenvolvemento profesional.

 

[CURSOS – PROGRAMA: A SOLUCIÓN É COOPERATIVA]

 

Curso 1 | Emprendendo en cooperativa

20 h. | Do 25 de abril ao 5 de maio de 2023 | Teleformación | Sesións virtuais 28 de abril e 5 de maio.

Programa Cartel  | Inscrición pechada (curso iniciado)

 

Curso 2 | Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

20 h. | Do 9 ao 19 de maio de 2023 | Teleformación | Sesións virtuais 9 e 16 de maio. | Fai clic: Programa –  Cartel >> Inscrición aberta

 

 

Curso 3 | Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Do 30 de maio ao 9 de xuño de 2023 | Teleformación | Sesións virtuais 30 de maio e 2 de xuño. | Fai clic: Programa Cartel >> Inscrición aberta

 



Con esta proposta estamos fomentando a aptitude emprendedora entre as persoas participantes á vez que apoiamos a creación de emprego a través dos seus propios proxectos de emprendemento colectivo.



[ Estas actividades organizadas pola Unión de Cooperativas EspazoCoop están no marco da programación 2023 da Rede Eusumo, rede de promoción e fomento do cooperativismo en Galicia, liderada pola Xunta de Galicia. Tamén están no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES), convocado por Cepes e financiado polo Fondo Social Europeo – FSE.]