Programa formativo:

“A Cooperativa Alternativa de Emprego para a Mocidade Galega” 

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos a actividade formativa da 1ª edición do Programa: “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega” durante os meses de marzo, abril e maio de 2023, no que ofrece tres cursos de teleformación, GRATUÍTA, que se desenvolven na Aula Virtual de EspazoCoop.

O programa dá inicio o día 28 de Marzo e a inscrición aos cursos xa está aberta.

O Programa está composto por 3 actividades de teleformación, dentro dun itinerario formativo que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 60 horas en materia cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos pola orde proposta na relación dos cursos.

[CURSOS – PROGRAMA: A COOPERATIVA ALTERNATIVA DE EMPREGO PARA A MOCIDADE GALEGA – 1ª EDICIÓN]

  • Emprendemento cooperativo para a mocidade | 20 h. | Teleformación | Do 28 de marzo ao 10 de abril de 2023
  • Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas | 20 h. | Teleformación | Do 18 de abril ao 2 de maio de 2023
  • Desenvolvendo a idea cooperativa | 20 h. | Teleformación | Do 23 de maio ao 9 de xuño de 2023

Emprendemento cooperativo para a mocidade

Teleformación| do 28 de marzo ao 10 de abril 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición


Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas

Teleformación| do 18 de abril ao 2 de maio de 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Programa  – Cartel >> Inscrición


Desenvolvendo a idea cooperativa

Teleformación| do 23 de maio ao 9 de xuño 2023 | 20 horas.

A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

ProgramaCartel >> Inscrición



ACTIVIDADE NO MARCO DOS PROGRAMAS:
– Programa 2023 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social -POISES- convocado por CEPES e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).