Programa `Academia Factoría da Economía Social´

Academia Factoría da Economía Social é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop que ten por finalidade fortalecer as habilidades das persoas emprendedoras no ámbito do cooperativismo e a economía social en Galicia, e enmárcase na programación 2024-2025 da Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e no programa europeo ES-Factory, a través da súa aceleradora de proxectos : EspazoCoop Impulsa.

 

A Academia diríxese a :

  • Persoas en desemprego, que buscan unha alternativa de autoocupación.

  • Persoas con ideas de negocio, promotoras de emprendementos, interesadas en emprender a través de modelos empresariais de economía social.

  • Persoas interesadas en aumentar as súas habilidades e capacidades para crear ou consolidar os seus proxectos de emprendemento en economía social.

  • Persoas de empresas da economía social, de recente creación, que busquen a súa consolidación e un salto de escala.

  • Persoas emprendedoras que queiran validar os seus produtos e/ou servizos antes de lanzalos definitivamente ao mercado.

  • Proxectos ou empresas da economía social que busquen financiamento para os seus proxectos.

Xornada de presentación

Para arrancar “Academia Factoría da Economía Social”, EspazoCoop organiza o vindeiro 25 de marzo de 2025 a Xornada de presentación, que se celebrarará no Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa, a partir de 9 a 14 h. co obxectivo de dalo a coñecer, promover a innovación, visibilizar boas prácticas, e captar público beneficiario.

Formación e mentorías para acelerar proxectos empresariais da economía social e cooperativa

O programa ao que acederán as usuarias seleccionadas, contará cun módulo formativo en liña, e sesións de mentoría especializadas.

Co módulo formativo adquirirán coñecementos en economía social básicos, saber como emprender na economía social, cales son as vías de financiamento ético e sostible para os proxectos empresariais, as axudas, os apoios, a xestión económica e financeira, coñecer as habilidades comunicativas, de traballo en equipo e de liderado, adquirir competencias comerciais e de proxección para ampliar mercados.

A formación serverá para focalizar sobre a idea de empresa de economía social, e o desenvolvemento do proxecto empresarial, á finalización do mesmo as participantes terán elaborado o seu proxecto.

Coa mentorización trataranse aspectos concretos sobre xestión dos proxectos, como poden ser a mercadotecnia, o financiamento, a contabilidade, ou a internacionalización, entre outros.


MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO:

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop

info@espazo.coop – 981 57 55 78 – www.espazo.coop


 

Esta iniciativa, Academia Factoría da Economía Social, conta co apoio e enmárcase nos programas:

Programa 2024-2025 da Rede Eusumo, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Xunta de Galicia, Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.



Programa ES-Factory. As accións realizadas baixo o proxecto 0259_ES_Factory_1_E están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.