‘Economía social Meeting’ 30/setembro/2019:

PROCESOS DE INTERNACIONALIZACIÓN

O luns 30 de setembro o Foro pola Economía Social Galega celebra unha sesión dentro do Programa ‘Economía social Meeting’ destinada a cooperativas, sociedades laborais e outras organizacións de economía social que estén interesadas en Procesos de Internacionalización.

Será unha acción de 2 horas de duración, na que contaremos coa presenza da Técnica Responsable de Promoción Internacional do IGAPE Manuela Campos Parada, para tratar as Axudas á Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica, ademais, presentaranse casos e experiencias de Procesos de Internacionalización de cooperativas e empresas de economía social (vantaxes, inconvintes, retos…), boas prácticas, e transferencia de coñecementos nun contexto de colaboración e intercooperación ao redor da internacionalización de pemes da economía social.

A sesión está realizada de xeito colaborativo coas entidades do Foro pola Economía Social Galega: Agaca, Aesgal, Unión de Cooperativas EspazoCoop, Cegasal e Aeigaco obxetivo de crear un lugar de encontro, coñecemento e colaboración ao redor da Internacionalización.

Data e horario: Luns 30 de setembro 2019 | De 11 a 13 horas.
Lugar: Santiago de Compostela | Sede de Agaca, Asociación de Cooperativas Agrarias na rúa Tomiño 22, entreplanta.

PROGRAMA:  Aquí  | CARTEL:  Aquí | INSCRICIÓN: aquí

Economía Social Meeting trata de facilitar a xeración de oportunidades de negocio e proxectos en común. Creando contextos para ofertar e demandar, xerando interaccións entre todas as organizacións participantes.

CONVOCA: Unión de Cooperativas EspazoCoop || Colaboran: Agaca, Asociación de Cooperativas Agrarias – IGAPE

Actividade do Foro pola Economía Social Galega

—————

[ Esta acción enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social ]