Presentación do programa CULTSOS á Sectorial de Cultura de EspazoCoop

No marco do programa CULTSOS -CULTURA SOCIAL E SOSTIBLE- financiado polo Plan Integral de Impulso á Economía Social, EspazoCoop organiza un encontro de presentación o vindeiro 28 de febreiro de 11.30 a 14 h. en Santiago de Compostela, destinado á súa Sectorial de Cultura.

 

Farase un percorrido polos contidos, obxectivos, financiamento, prazos de execución e entidades socias de CULTSOS.

Indicarvos que dentro deste Programa inclúese a realización de misións comercias a outras comunidades autónomas, así como a participación en Foros, Congresos, e Webinars do sector cultural e creativo. Precisamente, respecto da liña de actuación: misións comerciais, EspazoCoop está a traballar na organización dunha misión a Euskadi e Madrid para a semana do 2 ao 6 de xuño de 2025, que inclúe a participación en diversos eventos sectorias en cada unha das CC.AA.

De cara a poder coordinar toda a loxística que supón esta actividade, na xuntanza do día 28, unha vez expostos os pormenores da mesma, establecerase un prazo para confirmar a participación nas misións comercias das cooperativas interesadas.

Formulario inscrición ao encontro de presentación o 28 de febreiro de 2025: neste enlace

A Unión de Cooperativas Galegas é socia do proxecto CULTSOS

CULTSOS é un proxecto que busca impulsar a innovación, a competitividade e a resiliencia do sector cultural a través do fomento da Economía Social e o aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Desenvolvemento de metodoloxías, ferramentas, solucións e plataformas tecnolóxicas que impulsen as fórmulas da Economía Social no sector cultural. CULTSOS busca dar resposta aos desafíos actuais do sector cultural, como a  atomización, a falta de cooperación, a dificultade de acceso ao financiamento, a dependencia de fondos públicos, a falta de competencias de xestión e a debilidade organizativa.

>> Web Cultsos: https://cultsos.es/

>> Sección Cultsos – web de EspazoCoop: