[Almorzo cooperativo]

Networking Interxeracional: novas cooperativas e cooperativas veteranas

 

 

O mércores 9 de Xuño ás 9.30 h. a Unión de Cooperativas EspazoCoop celebra un novo Almorzo Cooperativo Virtual baixo o título “Networking Interxeracional: novas cooperativas e cooperativas veteranas”, destinado a cooperativas principalmente e entidades de economía social, en especial para ás socias de EspazoCoop.

Trátase dunha sesión de intercambio de dúas horas de duración, de 9.30 a 11.30 h. que servirá para que as participantes accedan a coñecemento e información mutua, achegada a través de cooperativistas. Será un encontro informativo e de intercambio, para divulgar entre as participantes experiencias, xeitos de traballar e información sobre actividades que desenvolven as cooperativas veteranas con traxectoria e as novas cooperativas.

Un encontro interxeneracional para a aprendizaxe mutua, e abrir posibilidades de colaboración e alianzas.

Busca:
– Dar a coñecer as actividades, produtos e servizos das cooperativas fomentando as redes de colaboración e coñecemento mutuo.
– Informar sobre programas en marcha e fitos das participantes.
– Estimular o debate e a participación sobre necesidades e problemáticas comúns.

EspazoCoop prestará o seu soporte dinamizador para aglutinar ao grupo de cooperativas de cara a conectalas, apoialas e canalizar as súas inquedanzas.


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  


Esta actividade enmárcase nos programas:
– Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020 OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.