AGACA organiza un novo Meeting de Economía Social, na sede da Asociación na rúa Tomiño 22 entreplanta, o vindeiro 24 de setembro de 2019 de 11:00h a 13:00 h. coa asistencia de técnicos externos de software e dereito informático e dixital.

Este Meeting constaría de dúas partes: unha primeira na que se aborda a seguridade da información dixital fronte a ataques externos e os aspectos xurídicos relacionados coa seguridade da información que dispoñemos nos nosos equipos informáticos.

1º.- Falará José Manuel Sendín. Avogado de Sistemius e experto en Novas Tecnoloxías. https://www.sistemius.com/quienes-somos

José Manuel Sendín abordará as normas LOPDGDD (Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales), RGPD (Reglamento General de Protección de Datos) e LSSI (Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico).

2º Falará Rafael Villaverde, CEO de Infonet. Empresa experta en ciberseguridade. https://infonet.es/

Rafel Villaverde abordará a In-Seguridad 2.0, e as Boas prácticas sobre ciberseguridade. 

Programa aquí |  Máis información e confirmacións de asistencia: hmougan@agaca.coop

Trátase dunha actividade do ‘Foro pola Economía Social Galega’, formado polas organizacións Agaca, Aesgal, Cegasal, Aeiga e a Unión de Cooperativas EspazoCoop.

Actividade no marco da programación da Rede Eusumo.