Invitación a formar parte do directorio transfronteirizo de apoio á economía social
Desde o proxecto ES-Factory estamos a impulsar un directorio transfronteirizo de axentes de apoio á Economía Social, un directorio público e verificado de asesorías, xestorías e axentes intermedios que prestan servizos de apoio á xestión diaria de entidades de economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións e fundacións con actividade económica, misericórdias etc.).
Convidámoste a formar parte deste directorio cumprimentando un formulario de alta. A túa participación contribuirá a:
• Visibilizar o teus servizos ante entidades de economía social e novos emprendementos.
• Facilitar o acceso de proximidade a apoios especializados.
• Fortalecer a rede transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal.
Que debedes facer?
• Completar o formulario cos teus datos de contacto, servizos, ámbitos territoriais e evidencias de experiencia/formación en Economía Social.
• Autorizar á publicación da túa ficha no directorio que estará aloxado na web de É-Factory: https://agentes.es-factory.eu/
Para que podamos comprobar que tedes experiencia en servizos a entidades de Economía social e vinculación co sector (redes, programas etc.), pedímosvos que incorporedes a información para poder validar a ficha antes da súa publicación.
Para garantir que cumprides con experiencia na materia, solicitámosvos, a través do formulario de inscrición, información que nos permita coñecer:
- Os servicios específicos que realizades para ás entidades de Economía Social, entre outros, consultaría, asesoramento xurídico/fiscal, formación, acompañamento, etc.
- Ter un mínimo de experiencia na materia. Valóranse anos de experiencia e formación en economía social.
- Trasladar información sobre a vosa bagaxe no acompañamento ou impulso de iniciativas de economía social.
Formulario de alta
No seguinte formulario solicitámosvos a información pertinente. Só levaravos uns minutos cubrilo xa que moitos dos campos son de seleccionar. Formulario de alta: https://bit.ly/agentesesfactory
Se tes dúbidas ou prefires achegar a información por mail, escribe a esfactoryecosocial@gmail.com.
Agradecemos de antemán a túa colaboración para fortalecer a economía social na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.