Fórmate con EspazoCoop e Ilunion e salta a fenda dixital
ESPAZOCOOP colabora con ILUNION na promoción e difusión das súas accións formativas sobre competencias dixitais, promovidas por FUNDAE para eliminar a fenda dixital entre as persoas cooperativistas e traballadoras das cooperativas socias da Unión, así como doutras empresas da economía social.
A área de Formación ILUNION e FUNDAE impartirán un total de 7 pílulas formativas en competencias dixitais. Estarán dirixidas prioritariamente a persoas que traballan en empresas e entidades do sector da Economía Social, como son as coopererativas, co obxectivo de eliminar a fenda dixital detectada neste ámbito.
O proxecto ten como base 7 pílulas formativas, de 4 horas de duración, desenvolvidas especialmente para o sector, sobre competencias dixitais en diferentes áreas:
- Ciberseguridade
- Uso de ferramentas Microsoft 365
- Trámites con sinatura dixital
- Traballo colaborativo na nube
- Creación de contidos dixitais
- Identificar e resolver problemas técnicos
- Tendencias en tecnoloxía
Se estás interesada/o neste itinerario formativo, envía o teu interese antes do 7 de abril de 2025.
Infórmate e inscríbete a través da web do Proxecto Formativo en Compentencias Dixitais, no marco da cooperación entre Ilunión e EspazoCoop: https://economiasocial.fundae.es/landing/espazocoop
Para a Unión de Cooperativas EspazoCoop, estes recursos formativos facilitados por Ilunion contribuirán a mellorar as competencias do sector cooperativo e especialmente das súas 275 cooperativas asociadas.
Leave A Comment