Formación en Outubro | Unión de Cooperativas EspazoCoop

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou para o mes de Outubro de 2020 obradoiros formativos en modalidade teleformación. As accións formativas abordarán contidos e materias relacionadas coas empresas cooperativas, o emprendemento cooperativo, e o cooperativismo en xeral.

Esta formación está dentro da Programación da Rede Eusumo e ten carácter gratuíta.

Concretamente, impártense estas accións formativas, cada acción formativa ten unha duración de 20 horas:

Outubro 2020

  • Lánzate a emprender en cooperativa | Teleformación | do 6 ao 20 de outubro
  • Formación para cadros directivos de cooperativas | Teleformación | do 8 ao 23 de outubro


OUTUBRO >> LÁNZATE A EMPRENDER EN COOPERATIVA

TELEFORMACIÓN | Do 6 ao 20 de outubro 2020

Con 2 sesións virtuais de aprendizaxe: 6 e 20 de outubro de 11.00 a 12.30 h.

Fai clic: PROGRAMA| CARTEL | INSCRICIÓN



OUTUBRO >> FORMACIÓN DE CADROS DIRECTIVOS DE COOPERATIVAS

TELEFORMACIÓN | Do 8 ao 23 de outubro 2020

Con 2 sesións virtuais de aprendizaxe: 8 e 23 de outubro de 11.00 a 12.30 h.

Fai clic: PROGRAMA | CARTEL| INSCRICIÓN